Browne, Anthony (1986). O libro dos porcos. Ilust. da autora, trad. Xosé M. González, Pontevedra: Kalandraka Editora, col. Tras os montes, [40 pp.]. (ISBN: 987-84-8464-571-9).
Breve descrición do formato e contido da obra: Trátase dun álbum ilustrado de tipo narrativo da vida cotiá, de 21 x 25 cm e tapa dura. Escrita en lingua galega. Na cuberta podemos observar aos catro protagonistas da obra sobre un fondo rosa. Nesta imaxe pódese observar que a nai é a que leva o peso de toda a familia no seu lombo, unha representación do verdadeiro papel que desempeña a nai nun fogar. Esta ilustración está encadrada e sobre ela, aparece o título da obra. Debaixo, aparece o nome do autor e a editorial. Na contracuberta atópase o mesmo fondo pero esta vez mostrando a nota que deixou a nai “Sodes uns porcos”. As páxinas do libro mesturan texto moi breve de carácter descritivo con imaxes, predominando máis as segundas. Atopamos páxinas que soamente teñen ilustración, é dicir, ausentes de texto, e outras nas que texto e imaxes aparecen xuntos. Cabe destacar que as ilustracións están relacionadas coa narración en si, pero non son imprescindibles para a comprensión da mesma, só o complementan.
En canto ao contido, trata sobre unha familia composta por un pai, unha nai e os seus dous fillos, vivían todos xuntos nunha casa. A nai era a encargada de facer todas as comidas e os demais membros da súa familia sempre lle metían présa para que as fixese, e ademais nunca a axudaban a recoller nin a fregar. Unha vez que os fillos marchaban á escola e o pai ía ao traballo, a nai quedaba na casa facendo ela soa as tarefas domésticas para despois marchar ao seu traballo. Un día, cando o pai e os fillos volvían á casa, percatáronse de que a nai xa non estaba alí e tras buscala atoparon unha nota que dicía: "Sodes uns porcos" e a partir de entón tivéronse que encargar eles de facer tódalas comidas e as tarefas da casa. Sen embargo, sempre as facían mal e cando a situación era xa insostible para eles, apareceu pola porta a nai. O seu marido e os seus fillos suplicáronlle que volvese e ela accedeu pero a situación na casa cambiou porque tras isto todos comezaron a colaborar e a nai quedou satisfeita.
Potencialidades: Con este libro os nenos aprenderán o importante que é colaborar todos nas tarefas domésticas e o necesarias que estas son, xa que normalmente non apreciamos o esforzo que pon a persoa que as realiza e o importante que é a súa labor. O conto fai referencia á situación de moitas amas de casa, moitas delas sen axuda por parte dos demais membros da familia sen que o seu traballo sexa recoñecido como realmente se merece. Os nenos dende unha idade moi temperá verán que deben axudar no que poidan nas tarefas da casa. É unha forma de educar en igualdade.
Recursos en liña:
- Adaptación e tradución da obra "El libro de los cerdos" de Anthony Browne, realizada no CEIP Cabanas-Salcedo: https://www.youtube.com/watch?v=EZyzLw7ASMc (consultado o 18/03/2018).
- Ficha técnica da editorial Kalandraka: http://www.kalandraka.com/es/colecciones/nombre-coleccion/detalle-libro/ver/o-libro-dos-porcos/ (Consultado o 18/03/2018).
- Representación do conto infantil "O Libro dos Porcos" a cargo dos nenos e nenas de Educación Infantil do colexio "Pino do Val" (Mazaricos-A Coruña) dentro da proposta educativa "Convivimos", da Fundación Meniños. https://www.youtube.com/watch?v=33f-OusnrDA (Consultado o 18/03/2018).
- Dramatización con acompañamento musical do libro “O libro dos Porcos”. https://www.youtube.com/watch?v=-2v5JGWncKE (Consultado o 18/03/2018).
- El libro de los cerdos, obra de teatro basada en el libro de Anthony Brown. https://www.youtube.com/watch?v=D7MPurQsB14 (Consultado o 18/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario