domingo, 15 de abril de 2018

El tesoro de la Isla del Pirata Calavera



Taylor, Martin (2007). El tesoro de la Isla del Pirata Calavera. Ilust. Duncan Smith, trad. Carmen Gil. Barcelona: Combel Editorial, col. Aventura Sorpresa [14 pp.]. (ISBN: 978-84-9825-227-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado interactivo e en lingua castelá. Este conto é un pop-up. É de formato cadrado, cun tamaño de 26,8 x 24,8 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece o Pirata Calavera empuñando a súa espada e garfo e na contracuberta aparece un pergamiño onde están escritas unhas instrucións para encontrar o tesouro. As imaxes que podemos atopar no seu interior son grandes, vistosas e moi coloristas pensadas para chamar a atención dos nenos e nenas. O texto deste conto consta de rimas, que están relacionadas co animal que sae en cada páxina. Este autor, ademais conta con outros libros de aventuras: El tesoro perdido de la cueva del dragón y El tesoro perdido del faraón.
O volume que nos ocupa trata sobre o Cápitan Calavera que antes de morrer escondeu un tesouro nunha illa. Os nenos e as nenas coa axuda dun mapa terán que recuperar o tesouro pero terán que enfrontarse ao longo do camiño con diferentes criaturas ata chegar ao tesouro.

C:\Users\Noelia\Downloads\20180326_155847.jpg

Potencialidades educativas: os nenos e nenas con este libro de adiviñas deixarán voar a súa imaxinación intentando descubrir onde se atopa o tesouro e desenvolverán mellor a súa comprensión lectora. Ademais aprenderán e ampliarán o seu vocabulario e estruturas lingüísticas máis sofisticadas, que contribúen ao desenvolvemento do pensamento abstracto, a establecer relacións co mundo que os rodea e a gozar coa linguaxe e as súas posibilidades. Este libro ademais contribúe a  que os nenos e nenas perdan o medo a certos animais como serpentes, morcegos..., aos que lles poidan ter medo. Con el tamén podemos traballar as onomatopeas, cos diferentes sons que fai cada animal que aparece en cada unha das paxinas, dos que se poderán traballar as súas características, presentadas con gran detalle neste libro tridimensional.


Recursos de interese:
  • Taylor, Martin (2010). El tesoro perdido del faraón. Ilust. Duncan Smith, trad. Carmen Gil. Barcelona: Combel Editorial, col. Aventura Sorpresa [14 pp.]. (ISBN: 978-84-9825-323-8 ).
  • Taylor, Martin (2013). El tesoro perdido de la cueva del dragón. Ilust. Duncan Smith, trad. Carmen Gil. Barcelona: Combel Editorial, col. Aventura Sorpresa [14 pp.]. (ISBN: 978-84-9825-408-2 ).

Ningún comentario:

Publicar un comentario