domingo, 1 de abril de 2018

"A miña amiga a escuridade"

 


Burfoot, Ella (2008). A miña amiga a escuridade. Ilust. do autor. A Coruña: Baía Edicións, [36 pp.]. (ISBN 978-84-96893-53-5).  

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de forma cadrada, tamaño pequeno e cunhas tapas duras. Na cuberta podemos ver un fondo negro no que se encontran a escuridade, que ten unha cor máis negra que o fondo e unha textura diferente, a María, que é a protagonista da historia mais o seu peluche que é un coelliño. Na contracuberta temos algúns obxectos como unhas cuncas, teteiras, e lámpadas que iluminan unhas frases no medio da escuridade. Dentro da historia, o que máis destaca é a escuridade que é de cor negra e grande e ten un tacto diferente ao resto das páxinas da obra, máis suave. Desta obra podemos destacar que a escuridade ao principio da historia comeza ao principio da folla e a medida que vai transcorrendo a historia vai ocupando máis sitio nas follas. A trama recrea como a escuridade entra pola ventá no cuarto de María e pouco a pouco invade todo. María non se asusta, colle da man a escuridade e comezan a xogar, comer chocolate, bailar...

Potencialidades educativas: esta historia paréceme moi importante para traballar a autoestima, pois aínda que á maioría das nenas e nenos lles asusta a escuridade, neste caso o ludismo co que se trata propicia que se integre como un elemento lúdico máis e non como un elemento terrorífico. María pode servir como exemplo de que a escuridade non é mala, senón que pode ser algo divertido e inofensivo e tamén necesaria nos ciclos da natureza, pois ao igual que existe o día tamén ten que haber noite. Con esta obra tamén podemos traballar as cores e o que nos chegan a transmitir cada unha delas.

Recursos:
-Juegos para niños con miedo a la oscuridad. Publicado en Guía Infantil (2000-2018). https://www.guiainfantil.com/articulos/ocio/juegos/juegos-para-ninos-con-miedo-a-la-oscuridad/ (Consultado el 22/03/2018)

- 25 cuentos infantiles que nos hablan de los miedos. Publicado en rejuega y disfruta jugando. http://rejuega.com/reflexiones-y-recursos/literatura-infantil/25-cuentos-infantiles-que-nos-hablan-de-los-miedos/ (Consultado el 22/03/2018)

- Blog “El rincón Infantil: trabajando el miedo infantil” CEIP Juan Carlos I (Murcia). http://elrincondeinfantiljuancarlos1.blogspot.com.es/2010/10/trabajando-el-miedo-en-infantil.html (Consultado el 21/03/2018)

Ningún comentario:

Publicar un comentario