Parmeggiani, Roberto (2015). A
avoa adormecida, ilust. Joao Vaz de Carvalho, trad. Xosé Ballesteros,
Pontevedra: Kalandraka, (0-6 anos), [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-914-4).
Descrición do formato e contido da obra: álbum
ilustrado de formato rectangular (28x19 cm), de gran tamaño e tapa dura. Na
cuberta observamos unha imaxe dunha avoa durmindo que ocupa toda a paxina. No
cabelo aparece o título (A avoa adormecida) e, enriba dela, ao carón, o autor
do libro e ao outro lado, o ilustrador. Na contracuberta aparece no medio,
dentro dun círculo branco, a avoa e o príncipe azul que a levou e na parte
superior, ao lado, a colección (maremar). Nas gardas aparecen diversos debuxos
de cometas con diferentes tonalidades de marróns, todo sobre un fondo branco,
que representa a morte da avoa. No interior do libro as páxinas son grosas e as
ilustracións son orixinais, alegres, coloridas, de gran tamaño e os debuxos
están pintadas en acuarela. Os textos son sinxelos, breves e de cor negra,
situados nas diferentes páxinas. Algúns aparecen na parte superior e outros na
parte inferior.
A historia recrea o alzheimer dunha avoa, que
anteriormente facía moitas cousas co seu neto como era cociñar, ler e contar
contos etc. Ata que un día botou moitas horas durmindo é un príncipe azul
levouna con el. Desde a súa casa os familiares ven a cometa, que recorda.
Potencialidades: atopámonos ante unha obra que trata diferentes temas de interese (familia, alzheimer, morte, emocións etc), coa a cal os nenos e nenas poden interaccionar. O que se pode traballar con ela son: facer unha pequena asemblea, preguntándolle aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el; traballar o alzheimer e outros procesos que afectan de preto aos nosos maiores e como presentarllos aos pequenos, que moitas veces non entenden o que está a pasar no seo familiar, con naturalidade e exquisito coidado emulando a bela adormecida do conto; traballar as emocións e se pode fomentar o emprego e aprendizaxe da nosa lingua.
Recursos de interese:
-Brabádegos
(2015). A avoa adormecida. Bradágos.
Recuperado de: http://brabadegos.blogspot.com.es/search?q=a+avoa+adormecida (Consultado
o 6/ 02/2018).
-Kalandraka: a avoa adormecida (s.f.). Recuperado de: https://librosparasonhar.wordpress.com/2015/01/22/mecos-mimos-e-alouminos-para-a-avoa-adormecida/ (Consultado o 6/ 02/2018).
-Kalandraka: a avoa adormecida (s.f.). Recuperado de: https://librosparasonhar.wordpress.com/2015/01/22/mecos-mimos-e-alouminos-para-a-avoa-adormecida/ (Consultado o 6/ 02/2018).
-Mociño, I. & Roing, B. (2010). Libros en galego de onte e hoxe para a nenez e a mocidade. Recuperado de: http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/846 (Consultado o 6/ 02/2018).
-Pena, M. (s.f). Crítica a avoa adormecida. Recuperado de: http://www.criaturas.gal/critica-avoa-adormecida/ (Consultado o 6/ 02/2018).
-Roig, B. (2015). Informe de Literatura. Recuperado de: http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2015/Informe_Literatura_2015.pdf (consultado o 28/04/2018)
Encántame esta obra Natalia!!
ResponderEliminarPara máis información e por se queres ampliar o teu punto de recursos de interese, na web de "Informes de Literatura" concretamente no ano 2015, que é o ano da obra, pódese encontrar na páxina 619 o informe sobre a obra da avoa adormecida. O enlace é o seguinte: http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2015/Informe_Literatura_2015.pdf
Moitas grazas María del Carmen. Un saúdo.
Eliminar