mércores, 11 de abril de 2018

A avoa adormecida






Parmeggiani, Roberto (2015). A avoa adormecida, ilust. Joao Vaz de Carvalho, trad. Xosé Ballesteros, Pontevedra: Kalandraka, (0-6 anos), [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-914-4).

 
Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de formato rectangular (28x19 cm), de gran tamaño e tapa dura. Na cuberta observamos unha imaxe dunha avoa durmindo que ocupa toda a paxina. No cabelo aparece o título (A avoa adormecida) e, enriba dela, ao carón, o autor do libro e ao outro lado, o ilustrador. Na contracuberta aparece no medio, dentro dun círculo branco, a avoa e o príncipe azul que a levou e na parte superior, ao lado, a colección (maremar). Nas gardas aparecen diversos debuxos de cometas con diferentes tonalidades de marróns, todo sobre un fondo branco, que representa a morte da avoa. No interior do libro as páxinas son grosas e as ilustracións son orixinais, alegres, coloridas, de gran tamaño e os debuxos están pintadas en acuarela. Os textos son sinxelos, breves e de cor negra, situados nas diferentes páxinas. Algúns aparecen na parte superior e outros na parte inferior.

A historia recrea o alzheimer dunha avoa, que anteriormente facía moitas cousas co seu neto como era cociñar, ler e contar contos etc. Ata que un día botou moitas horas durmindo é un príncipe azul levouna con el. Desde a súa casa os familiares ven a cometa, que recorda.

Potencialidades: atopámonos ante unha obra que trata diferentes temas de interese (familia, alzheimer, morte, emocións etc), coa a cal os nenos e nenas poden interaccionar. O que se pode traballar con ela son: facer unha pequena asemblea, preguntándolle aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el; traballar o alzheimer e outros procesos que afectan de preto aos nosos maiores e como presentarllos aos pequenos, que moitas veces non entenden o que está a pasar no seo familiar, con naturalidade e exquisito coidado emulando a bela adormecida do conto; traballar as emocións e se pode fomentar o emprego e aprendizaxe da nosa lingua. 


Recursos de interese:

-Brabádegos (2015). A avoa adormecida. Bradágos. Recuperado de: http://brabadegos.blogspot.com.es/search?q=a+avoa+adormecida (Consultado o 6/ 02/2018).

-Kalandraka: a avoa adormecida (s.f.). Recuperado de: https://librosparasonhar.wordpress.com/2015/01/22/mecos-mimos-e-alouminos-para-a-avoa-adormecida/ (Consultado o 6/ 02/2018).


-Mociño, I. & Roing, B. (2010). Libros en galego de onte e hoxe para a nenez e a mocidade. Recuperado de: http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/846 (Consultado o 6/ 02/2018).


-Pena, M. (s.f). Crítica a avoa adormecida. Recuperado de: http://www.criaturas.gal/critica-avoa-adormecida/ (Consultado o 6/ 02/2018).

-Roig, B. (2015). Informe de Literatura. Recuperado de: http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2015/Informe_Literatura_2015.pdf (consultado o 28/04/2018)

2 comentarios:

  1. Encántame esta obra Natalia!!
    Para máis información e por se queres ampliar o teu punto de recursos de interese, na web de "Informes de Literatura" concretamente no ano 2015, que é o ano da obra, pódese encontrar na páxina 619 o informe sobre a obra da avoa adormecida. O enlace é o seguinte: http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2015/Informe_Literatura_2015.pdf

    ResponderEliminar