Ventura, Antonio (2009). Un conto de cegoñas, ilust. Rui fernández, trad. Francisco Castro,Vigo:
Galaxia, (0-6 anos), [32 pp.]. (ISBN:978-84-9865-181-2).
A
historia recrea unha reflexión lírica de marcado ton lírico a través das
conversas e as reflexións dunha familia de cegoñas que, como di o tópico, están
a prepararse para facer a súa viaxe a París, a que fan todas as cegoñas para
traer os nenos e as nenas. ¿Ou non acontecen realmente así as cousas?.
Potencialidades: atopámonos ante unha obra que trata diferentes temas de interese (amor, familia, animais etc), coa a cal os nenos e nenas poden interaccionar. As actividades que podemos realizar coa lectura é facer unha pequena asemblea, preguntándo aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el. Logo pódese facer unha pequena obra de teatro, a cal poden dar vida ás cegoñas protagonistas do conto e tamén encargaranse de facer a vestimenta. Pódese explicar a lenda da Torre Eiffel (París), que representa de onde veñen as crianzas polas cegoñas. Traballar o emprego e aprendizaxe da nosa lingua, o galego. Estas son moitas das actividades que se poden realizar con este conto.
Recursos de interese:
·Galaxia (2009). "Un conto de cegoñas". Recuperado de: http://editorialgalaxia.gal/un-conto-de-cegonas/ (Consultado o 6/ 02/2018).
·Rosalía, C. (2013). A historia de antela contada por unha cegoña. Recuperado de: http://www.sghn.org/Seccion_Antela/Presentacion_CEIP_Rosalia_2013-02-01.html (Consultado o 6/ 02/2018).

Ningún comentario:
Publicar un comentario