domingo, 4 de marzo de 2018

Onde viven os monstros




Sendak, Maurice (2014). Onde viven os monstros. Ilust. do autor. Pontevedra: Kalandraka, col. Tras os montes, [48 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-859-8).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado considerado un dos grandes clásicos da literatura do século XX para os máis pequenos. De tapa dura e formato rectangular, conta con 48 páxinas. Na cuberta podemos ver un monstro nunha illa e un barco aproximándose. O título aparece na parte superior e por debaixo da imaxe vemos o autor. Na contracuberta pódese ver a continuación da illa da cuberta.
O libro conta a historia de Max, un neno rebelde. A súa fantasía é ser un monstro que lle meta medo a calquera. Unha noite, despois de facer travesuras na súa casa a nai castígao no seu cuarto, o cal de pronto sofre unha transformación e se converte nunha selva. Despois de camiñar un tempo, nace unha costa onde se encontra un bote co seu nome, e decide ir a navegar. Despois de facelo durante un largo tempo, chega a o lugar onde viven os monstros, aos que cautiva. Será nomeado rei de todos os monstros por ser o máis temible de todos. Porén, co tempo dáse conta de que a súa forma de comportarse é realmente mala e é moi difícil ser un rei, polo que decide emprender o seu regreso á casa.

Pontencialidades: O enfado de Max, o protagonista desta pequena historia, fai reflexar os seus medos e é o que provoca que él mesmo emprenda esta viaxe fantástica cara un bosque cheo de criaturas fantásticas, onde será o rei e todos o obedecerán. É un conto que ofrece múltiples interpretacións así como diferentes lecturas, xa que nos ofrece diferentes visións como a aventura de viaxar cara terras estranas, o dominio nun reino sen leis ou o cariño da súa nai e a volta o fogar. É un libro para ser contado ou para que oa primeiros lectores o vaian descubrindo por sí mesmos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario