mércores, 14 de marzo de 2018

O libro dos bicos





Resultado de imagen de o libro dos bicos




Luna Samartín, Xosé (2014). O libro dos bicos. Ilustr. Nuria Díaz. Ferrol: edicións Embora, col. Fardel dos soños, [33 pp.]. (ISBN: 978-884-92644-81-0).

Breve descripción do formato e contido da obra
: O libro dos bicos é un poemario ilustrado. Na cuberta e contracuberta aparece unha única imaxe onde se ilustran tres casas de esquerda a dereita por orde de tamaño. Na casa de maior tamaño, que se atopa na cuberta, aparece un meniño bicando a unha muller adulta, facendo referencia ao título. A cor que chama á atención da cuberta é o vermello da casa, no que se poder observar unha fiestra aberta que convida a adentrarse cara o interior do libro, deixando cabida á imaxinación de como será o interior da vivenda. Nas gardas predomina a cor gris en contraste cunha fileira de dentes de león de cor branca na parte inferior, tres deles aparecen voando na parte dereita, simbolizando a liberdade. A páxina de créditos segue o mesmo formato que a anterior, pero con fondo rosa. Nas dúas páxinas seguintes atopamos unha prólogo de Rosalía Morlán que leva de título “Versos e bicos” acompañado de tres pequenas ilustracións sobre un fondo branco.
As ilustracións do poemario son de tipo figurativo e empregan cores vivas que fan contraste entre elas e co fondo. Ditas ilustracións engaden máis contido á obra, información concreta e adicional sobre cada poema. Existe unha combinación entre a linguaxe visual e textual.
As formas dos poemas son moi variadas, hai poemas que xogan coa forma dos trabalinguas, poemas narrativos, poemas curtos... Isto representa unha diversidade formal que permite traballar coa poesía desde distintos puntos de vista, incidindo na adquisición da linguaxe e nos propios cromatismos. Os poemas, que aparecen nunha páxina independente, únense mediante un tema central que actúa como fío entre todos eles. Ese fío conductor é a afectividade que se simbolizada sobre todo polo bico sendo a máxima representación afectiva do ser humano. A afectividade que propicia a obra refléxase non soamente entre os elementos e as personaxes dos poemas, senón incluso entre a propia natureza e no medio no que viven.
Nesta obra faise alusión a importantes autores internacionais coma é Shakespeare e ás súas obras.

Potencialidades educativas: esta obra permite traballar a rima e a musicalidade fomentando a memorización. Grazas a este poemario, os pequenos e pequenas aproxímanse á poesía como forma de expresión artística.
Os nenos e nenas verán representado nos poemas o tema da afectividade, non só entre as persoas, senón tamén entres os distintos elementos da natureza.
Os cromatismos tamén os traballa esta obra tanto no texto poético como nas ilustracións.
Os poemas dan pé a coñecer distintas obras e autores de gran importancia mundial.

Recursos educativos:
Vídeo dos nenos do colexio A ponte de Lugo recitando os poemas do libro O libro dos bicos:
https://www.youtube.com/watch?v=aZIc-H3krGE

Ningún comentario:

Publicar un comentario