mércores, 14 de marzo de 2018

Cinco contos galegos




Merlín Comunicación (2012). Cinco contos galegos. Ilust. Dani Boullosa. Santiago de Compostela: Galaxia, [33 pp.]. (DL: Vb 85- 2012).


Breve descrición do contido e formato da obra: libro ilustrado de tapa branda, de 16x12 cm, no que se recollen  cinco contos en lingua galega. Na  cuberta aparece a cabeza dunha raposa e o título do libro en letras vermellas. A cuberta e contracuberta forman unha unidade, xa que teñen o mesmo fondo, coa única diferenza de que a contraportada conta con catro imaxes de cor marrón, que parecen ser sombras, e nas que aparece un home e un raposo, que forman parte dunha das historias.

As imaxes que utiliza están tinguidas polo misterio e provocan suspense. Os relatos son cinco breves historias galegas, nuns casos fábulas e noutros son contos populares. En cada un deles as imaxes de cor marrón recrean escenas do narrado, acentuando o misterio dos textos.

Potencialidades educativas: os nenos e nenas a través da lectura poderán relacionar as versións que se ofrecen destas historias con contos populares e lendas que xa coñecen por outras fontes. Ademais é un libro que propicia a lectura compartida entre adultos e nenez, especialmente os avós e avoas, que viviron de primeira man o esplendor da literatura de tradición oral.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario