mércores, 7 de marzo de 2018

A vaca que puxo un ovo


Resultado de imagen de a vaca que puxo un ovo la casa del libro

Cutbill, Andy (2008). A vaca que puxo un ovo. Ilust. Russell Ayto. Patas de Peixe Editora, [32 pp.]. (ISBN:978-84-936842-3-5).

Breve descrición do formato e contido: neste conto abundan as ilustración máis que o texto e obsérvase unha sintaxe entre ambos os dous elementos, polo que se trata dun álbum ilustrado de tapa dura. O ilustrador danos mostras desde a cuberta de que é o que  podemos encontrar no volume, xa que aparecen galiñas con forma circular, é dicir, en forma de ovo. Atopamos tamén nas gardas cores brancas e negras, como as cores da vaca protagonista, e todas as cores negras que aparecen teñen forma de ovo. Na cuberta, onde está o título deste conto pódese observar como hai un furado que ten forma de ovo, e que está ao lado da palabra “ovo” e ao mesmo tempo é o que está observando a nosa vaca protagonista Macarena, que tamén aparece na cuberta, ao carón do título deste libro título. Ao longo do volume, o ilustrador recrea imaxes incompletas, polo que xoga coa imaxinación do lector para que sexa el o que complete esa ilustración. Tamén cómpre dicir que as imaxes son moi coloristas e con tonalidades moi fortes. En xeral, predominan ilustracións a dobre páxina e o texto que aparece está integrado nas imaxes, é dicir, está en contacto permanente coas ilustracións que se nos amosan e por iso podemos dicir que existe unha interacción entre o texto e as imaxes. O texto asenta nas voces do narrador, que nos vai contando a historia e presentando aos protagonistas, e nas das personaxes que interveñen ao longo do relato a través dos diálogos. Nalgunhas ocasións as palabras dos personaxes escríbense nunha letra máis grande e en negriña, de modo que se resalta ou transmite a sorpresa dos protagonistas. A historia xira ao redor dunha vaca que se chama Macarena e que pensa que non é especial por non saber andar en bicicleta e non facer equilibrios con ela como o fan o resto de vacas. Un día, ao levantarse, dáse conta de que puxo un ovo e sorpréndese avisando ao resto de animais. Ao final, o que sae de dentro dese ovo é un polo, pero ao saír este di “Muuuuuuuuu”.

Potencialidades educativas: neste libro predominan unha gran cantidade de emocións que invaden a Macarena dende que comeza a historia ata que remata. Este é un conto co que se lle pode ensinar aos máis pequenos que non podemos pensar que non sabemos facer nada, simplemente polo feito de  non realizar dunha forma correcta unha certa actividade, o que debemos facer é potenciar aquelas habilidades que un alumno poida facer dunha forma óptima e autónoma. Un aspecto que podemos traballar e que é moi importante inculcar aos nenos desde que son pequenos, é a educación en valores. Ademais coa lectura deste libro, presentaráselles este tema dunha forma diferente, a través dos animais, de xeito que poidan entendelo mellor. E por último, outra cuestión que se lle pode achegar ao alumnado, son os animais que podemos atopar nunha granxa. Coa lectura desta historia tamén se abordan cuestións como os modelos de familia, a diferenza, as relacións sociais, a convivencia, os medios de comunicación e o enfoque informativo a moitas noticias... ademais do humor e a ironía que impregna todo o relato.

Recursos de interese:
-          Contacontos do conto –“La vaca que puso un huevo”- do canal “Érase una vez”
-          Curtametraxe -“El Puente”- para educar en valores:
-          Dramatización de Israel Hergón no festival “Yo te cuento” de Madrid do ano 2013:

2 comentarios:

  1. O meu grupo e mais eu (Antía, Uxía, Laura, Lara, Ilenia e Iria) queremos dar a coñecer a nosa opinión sobre este libro.
    Gustaríanos destacar a importancia que ten ensinarlle aos nenos desde pequenos a aceptarse a sí mesmos, e a centrarse no que sí son capaces de facer deixando a un lado o que non, xa que todos somos diferentes e é iso o que nos fai únicos e especiais. Tamén creemos que é de gran axuda recrear estas situacións en animais e falar das distintas emocións ou sentimentos que lles provocan, para que as vaian interiorizando e aprendendo a conlevalas. Gustounos moito! Bó traballo Martín!

    ResponderEliminar
  2. Personalmente, me parece una obra con un enorme abanico de potencialidades que van desde la educación emocional hasta la enseñanza, desde una terminología positiva, de la diversidad. Hay que enseñar a los niños que pueden hacer todo aquello que se imaginen y que no venimos diseñados de fábrica, que ser diferentes es algo que tiene valor. Si todos fuéramos iguales, la vida sería muy aburrida. Buena elección Martín.

    ResponderEliminar