luns, 30 de abril de 2018

Os tres amigos



Viana, M. (2004). Os tres amigos. Ilust. Xan López Domínguez, trad. Ignacio Chao. Pontevedra: Xerais, col Paseniño. [22 pp.]. (ISBN: 84-9782-153-X).

Breve descrición do formato e contido da obra: Libro ilustrado cunha dimensión de 19x17 cm. As páxinas son de papel normal a excepción da cuberta que é de cartón. Na cuberta, aparecen a fada e a anguía que son dous dos personaxes principais da historia sobre un fondo de cor azul escura. Na contraportada, podemos visualizar todos os títulos da colección e tamén un debuxo dunha anguía que vai aparecer en todas as páxinas impares. Trátase dun libro que mantén a mesma estrutura ao longo do desenvolvemento da obra. Por unha banda, nas páxinas impares atopamos un breve texto, xeralmente dunha ou dúas liñas, que aparece escrito tanto en letra minúscula na parte superior da páxina e en maiúscula na parte inferior e, no centro da mesma atopamos un debuxo dunha anguía que cobra animación ao pasar as follas de corrido. Por outra banda, nas páxinas pares podemos ver diferentes ilustracións que nos axudan a aclarar o contido do texto. Con respecto ao texto, é de tipo poético buscando ao longo da obra a rima que vai ser consonante. En canto ás ilustracións, estas ocupan a totalidade da páxina e están representadas con cores apagadas como diferentes tons de grises, marróns, laranxas, cun maior dominio de azuis a excepción da balea que é de cor vermella, branca e azul sendo estes tres cores os que máis chaman a atención en toda a obra. 


Ao longo das súas páxinas, nárrase a historia dunha fada e dunha anguía que lle gustaba ir ó mar a xogar. Un día, no seu paseo polo mar, atopáronse cun golfiño e fixéronse os tres amigos. Como o golfiño coñecía moi ben o mar, ofreceuse a ensinarlle os diferentes animais e as moreas de cousas que se poden atopar no seu interior. 

Potencialidades: Con este libro favorécese a introdución dos/as nenos/as no xénero da poesía xa que se trata dunha historia que está narrada buscando a rima continuamente, aspecto que lles chama a atención e os/as anima a seguir lendo. Ademais, estamos ante un libro interactivo que ten como obxectivo fomentar o hábito da lectura chamando a atención dos máis pequenos/as cás diferentes imaxes que lle axudan a comprender a historia que se está narrando. En relación á imaxe das páxinas pares, a través da mesma preténdese potenciar, por unha banda, o desenvolvemento cognitivo mediante a experiencia ao poder visualizar por eles/as mesmos/as que a imaxe se move ao pasar as páxinas moi rápido e, por outra banda, a motricidade fina ao practicar esta técnica para poder observar a imaxe moverse. O alumnado pode seleccionar a modalidade de texto que prefira e lles sexa máis sinxelo para ler, ou en minúscula ou en maiúscula, fomentando o desenvolvemento da súa autonomía. A través da historia que se narra, foméntase o valor da amizade xa que divertíndose os tres personaxes descobren os segredos que agocha o fondo mariño. Ademais, introduce aos máis pequenos/as no mundo mariño comezando a ensinarlle os diferentes animais que se poden atopar, como por exemplo, baleas, polbos, etc. A través da obra, podemos traballar diferentes aspectos do currículo, destacando a área de coñecemento do contorno xa que grazas aos tres personaxes podemos coñecer os diferentes elementos que conforman o mundo mariño sendo este parte do seu entorno. Para rematar, hai que destacar o final aberto da historia que axuda a estimular a imaxinación e creatividade dos/as máis pequenos/as ao deixar que eles/as mesmos/as imaxinen outras cousas que se poden encontrar no fondo mariño. Grazas a este final aberto, pódese realizar unha asemblea na aula onde cada un/unha exprese as diversas opinións que teña, axudando a estimular a súa expresión oral. 





No hace falta la voz







Quintero, Armando (2013). No hace falta voz. Ilust. Marco Somá. Pontevedra: OQO Editora [36 pp.] (ISBN: 978-84-9871-470-8).

Descrición do formato e contido da obra: é un álbum ilustrado de forma cadrada e de tapa grosa e dura, o que permite unha mellor manipulación para os nenos e nenas. A obra conta cunha portada na que se encontran dúas xirafas, o que supoñemos que son nai e fillo/a, estes dándose un abrazo. Este comezo introdúcenos e danos unha idea do contido do conto: o amor, o cariño... O título da obra tamén fai que reflexionemos sobre ela, “no hace falta la voz”. Este, amosa que non fai falta a voz nin as palabras para mostrar e dar cariño, amor, tenrura. Ademais diso, a xirafa mostra o seu longo pescozo mirando cara á esquerda, incitándonos desta maneira a entrar no libro e descubrir o que ocorre. as ilustracións son relevantes na obra, posto que se complementan co texto. É moito máis doado para un neno ou nena de descubrir o que acontece mediante as imaxes. Grazas a elas, espertamos o seu interese. No relato da obra, hai moitos elementos simbólicos, como pode ser, neste caso, a representación do movemento, como na imaxe que se presenta de seguido:


Todos os animais teñen diferentes sons para chamarse e decirse que se queren, menos as xirafas, pero estas, non necesitan sons para expresar os seus sentimentos, e iso é o que lle ensinan ao resto de seres.


Potencialidades educativas: con esta obra podemos traballar diferentes temáticas co noso alumando: os animais, a familia e as emocións, destacando esta última como o tema principal do conto. Os xestos, as miradas, as caricias e os abrazos son esenciais para empatizar co que nos rodea, en maior medida, nas primeiras idades para a formación da personalidade do alumno/a. En xeral, un xesto é suficiente para que nos sintamos queridos e seguros, cheos de felicidade en tan só un instante.

Recursos de interese:
 Blog “La clase de Laura”. Unha profesora de Educación Infantil do colexio San Roque de María (Huerva) preséntanos esta obra: http://la-clase-de-laura.blogspot.com.es/2014/05/no-hace-falta-la-voz.html publicado o día 22-05-2014 (visto o 17-04-2018).
·         Unha rapaza conta a obra, dedicándolla a súa nai (o día da nai): https://www.youtube.com/watch?v=Neo0o5hS6C4 publicado por Cuentos para Soñar o 7-05-2017 (visto o 17-04-2018).
·         Video no que se conta a historia: https://www.youtube.com/watch?v=qhLG_OSOgu8 publicado por euroresidentes TV o 8-08-2017 (visto o 17-04-2018).



Mi abuelo



Altés, Marta (2012). Mi abuelo. Ilust. Da autora. Madrid: Macmillan Iberia, [ 25pp.]. (ISBN: 978-84-1542-697-4).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura. Na cuberta observamos o título na parte superior, unha imaxe de dous osos, un maior, que polo título imaxinamos que é o avó, e outro máis pequeno coloreado cunha cor máis rechamante, que sería o neto. Ademais observamos tres paxaros voando sobre eles. Abaixo de todo está o nome da autora. Todo isto atópase baixo un fondo branco. En canto á contracuberta, podemos observar un pequeno texto que se encontra dentro da propia lectura e moitos paxariños de dúas cores voando, a maioría están pintados coa mesma cor que o avó, e moi poucos están en vermello, igual que o neto, dado que son máis pequeniños; son como unha pequena representación deles. Cada dúas páxinas atopámonos cunha frase sinxela sobre un fondo branco.
En canto ás ilustracións, están feitas pola propia autora do libro, todas as páxinas teñen un fondo branco, nas que aparecen o avó e o neto. A autora sempre xoga coas mesmas cores, beige e vermella.
Potencialidades: este álbum reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno. É especialmente recomendable para os nenos que están pasando pola difícil situación de ter un avó que comeza a perder a memoria e a non recoñecer ás persoas, xa que axúdaos a entender o que ocorre e asimilalo mellor. Pode servir para abordar unha temática tan complicada para toda a familia como a demencia senil ou o alzheimer. Deixando a un lado esta enfermidade, este conto tamén reforza a relación avó-neto e a importancia que esta terá na vida do neno.
Recursos:
Conto relacionado coa temática citada anteriormente: “Mi abuela tiene alz… ¿Qué?” https://www.youtube.com/watch?v=UxjS-riStcY  (consultado el 5 de abril de 2018).


MIRA DENTRO DE TU CUERPO
Boza, Kerry (2010), Mira dentro de tu cuerpo, ilust. MikiSakamoto,
trad. Alberto Jiménez, León: Everest, col. Mira dentro de tu cuerpo.
[16 pp.]. (ISBN-13: 978-8444145921)

Breve descrición do formato e contido da obra: Volume de tamaño
rectangular que consta dun puzzle de casi un metro de altura, de 17
pezas para construír o esqueleto humano. É un libro de partes abatibles,
pezas móbiles e ventás traslúcidas que xunto coas ilustracións axudan a
descubrir a marabillosa estrutura e funcionamento do corpo humano.
Todas as páxinas do libro téñen texto informativo acompañado da imaxe
correspondente e dous cadros de curiosidades. Son de cartoné facilitando
así o seu uso e evitando o deterioro. Na parte interior da cuberta vai adherida
unha caixa que contén o puzzle . Como anuncia  a cuberta é "un libro para
mirar dentro"; é atractivo, permite experimentar e descubrir coas pezas as
partes do esqueleto, ademais fóra da caixa que contén o puzzle hai unha imaxe
que orienta á hora de construílo. Para os que xa están iniciados na lectura cada
parte vai co nome correspondente. Dunha maneira lúdica presenta o esencial do
corpo humano e deixa que o alumnado se vaia descubrindo a través do xogo e
das diferentes texturas que ofrece a obra. As ilustracións das estruturas do
organismo son de gran tamaño.

Potencialidades educativas: Este libro é moi útil para os nenos xa que é así
como aprenden de forma diferente as partes do corpo, xogando e lendo.
Ademais, proporciona información adicional como por exemplo dos sentidos
e é moi atractivo polo feito de levar solapas, ventás. Pódese usar a modo de
diferentes xogos como adiviñar de que parte do corpo se trata sen mirar o nome.
O mais esencial é que ademais serve para ser usado por nenos e nenas de
diferentes idades.

Recursos didácticos de interese e estudos sobre a obra:
Un recurso de interese deste libro é un vídeo no que se mostra por un neno
o libro páxina por páxina e vai falando sobre os detalles que vai vendo e lendo:
https://youtu.be/nT7aQ07em-M

Salvaje




Hugues, Emily (2014). Salvaje. lust. do autor,  trad. Regina López, Barcelona: Libros del Zorro Rojo, [ 34 pp. ] (ISBN: 978-987-1948-43-7).

Breve descrición e contido da obra: albúm ilustrado de tipo narrativo. Formato rectangular e tapa dura, cunhas medidas de 24x28 cm. A cuberta ten unha ilustración corida e chea de vida na que aparece a protagonista, unha nena co pelo de follas e flores do bosque; na parte superior vese o título “Salvaje” e ademias o nome da autora. A contracuberta segue unha continuidade cromática, nela aparece a imaxe dunha árbore nun bosque, ademais debaixo desta atópase unha frase como moralexa do conto. As gardas teñen motivos florais e froitos das árbores do bosque, lugar onde transcorre a maior parte da historia, polo que é un anticipo ó que nos vai contar.  En canto as páxinas, mesturan texto moi breve de carácter descritivo con imaxes, predominando máis as segundas, estas aparecen tamén a dobre páxina. Atopamos páxinas que soamente teñen ilustración, é dicir, ausentes de texto, e outras nas que texto e imaxes aparecen xuntos. Cabe destacar que as ilustracións están relacionadas coa narración en si, pero non son imprescindibles para a comprensión da mesma, só o complementan.
O tema relatado neste libro é bastante común na literatura infantil, pódese observar en historias como en El libro de la selva de Rudyard Kipling. En canto ao contido, o libro relata a historia dunha nena que é abandonada nun bosque ao nacer e que se cría cos animais que alí viven.A nena relaciónase con eles, aprende con eles e é tratada como unha máis durante anos, ata que un día uns humanos a adoptan e a levan á cidade, pero todos se dan conta de que non pertence a ese lugar, a pequena non é feliz.

Potencialidades: Destinado para nenos a partir dos 3 anos. Con este libro podemos traballar conceptos básicos e cruciais nestas idades como a familia, o fogar, a educación… A visión que temos da familia, como punto de partida para coñecer o mundo, pode non ser a única forma de educación, xa que a nena aprende nun ambiente distinto e os animais transmítenlle moitos valores e ela é realmente feliz alí. Para ela son a súa familia, a pesar de ser especial e non estar catalogada como familia típica. A liberdade de poder elixir o que un quere é algo que debemos inculcar aos nosos futuros alumnos e alumnas ao igual que o respeto polas opinións persoais.

Recursos en liña:

     - Contacontos: https://www.youtube.com/watch?v=2KPK8rPzsEU (Consultado o 18/03/2018).

Oso quiere volar

Isern, S (2016). Oso quiere volar. Ilust. Silvia Álvarez. Madrid: Cuento de Luz SL, [33 pp.]. (ISBN:978-84-16147-44-1).

 



Breve descripción y contenido de la obra: Álbum ilustrado de tipo narrativo en lengua castellana de 23x23 cm de tapa dura. En la cubierta se puede observar a un oso con expresión de felicidad volando con unas alas confeccionadas, simulando ser las de una mariposa, de distintos colores. El animal aparece a la altura de un árbol, lo que aumenta la realidad del vuelo. Además, aparecen en las ramas del mismo dos pájaros que lo observan, que mira y dirige su vuelo hacia la derecha, invitando así a la lectura. Debajo del oso aparece el título en letras mayúsculas, donde destaca la palabra "volar" con mayor tamaño y con inicial en color rojo, distinguiéndola del color oscuro de las demás. El fondo está elaborado con un color amarillento, cálido, que recuerda a la primavera o el verano. En la contracubierta aparece la otra mitad que, al unirse con la parte restante de la cubierta, conforma una unidad entre ambas. Los colores empleados en ambas son claros para el fondo y oscuros para el árbol para destacar el colorido de las alas y mostrar la importancia que tendrán las mismas en la obra. En las guardas, aparece el oso elevado gracias a las hojas que se desprenden del árbol, con un tono grisáceo de fondo que simula el otoño. En la portada, además de aparecer nuevamente el título, se presenta al oso subido a unas rocas mirando al horizonte con gesto pensativo. Las rocas aparecen en un plano cortado que da lugar a la posibilidad de imaginar lo que hay debajo. Respecto a las ilustraciones, son de tipo figurativo, pues representan la realidad. La ilustradora emplea colores vivos, lo que proporciona a la obra una sensación alegre y muestra la naturaleza de forma agradable y atractiva, además de acentuar la ternura de la historia. Los animales están representados con rasgos humanizados, tanto en las ilustraciones como en los papeles que desempeñan. El texto aparece mayoritariamente en las páginas impares, aunque en algunos casos debido a la disposición de la ilustración, aparece también en las páginas pares.
En cuanto al argumento de la historia, Oso, el protagonista tiene el deseo de volar. Sus vecinos animales se sumergen junto a él en el camino por conseguir su sueño, ayudándolo a confeccionar unas preciosas alas de plumas de colores que han ido recopilando entre todos. Los animales también ayudan a Oso a superar su miedo a las alturas. Después de mucho entrenamiento y duro trabajo en la confección de las alas y en la superación de sus miedos, llega la primavera y Oso consigue volar.
El lenguaje que emplea la autora es sencillo y perfectamente adaptado a la edad infantil de los lectores que les permite familiarizarse con los mismos.
Oso quiere volar ha recibido la medalla de plata en los Moonbeam Children's Book Awards de Estados Unidos, en la categoría "Best Illustrator".


Potencialidades educativas: Oso quiere volar es una obra que ofrece infinitas potencialidades educativas. Su argumento permite que los pequeños lectores y lectoras descubran el significado de solidarizarse con los demás cuando necesitan ayuda para conseguir algo. Además, permite entender la importancia de perseguir los sueños y objetivos que deseamos cumplir con constancia, esfuerzo y trabajo duro, por muy imposibles que parezcan. La autora emplea la metáfora del oso que pretende volar que dificilmente podría conseguir por la ausencia natural de alas, así como los miedos e inseguridades que se apoderan de Oso y que le impiden cumplir su sueño, del mismo modo que muchas veces se apoderan de nosotros. A partir de la obra se puede trabajar la autoestima y el refuerzo del autoconcepto de los niños y niñas.
La historia también permite familiarizarse con la naturaleza, despertando empatía por los animales. En otras líneas, abre la posibilidad de conocer ciertas características de algunos de ellos, familiares para el público, tales como el pájaro carpintero y las termitas, a los que hace referencia como expertos en cortar madera, o las arañas, especialistas tejedoras, e incluyendo otros menos conocidos tales como la mofeta, lo que amplía el vocabulario y el conocimiento del campo animal. Las estaciones es otro aspecto posible a trabajar, comprobando como cambian los colores que corresponderían a cada una de ellas según avanza el proceso de elaboración de las alas y el entrenamiento de Oso. 
En definitiva, se trata de una obra muy completa que abre un sinfín de posibilidades educativas.

Recursos de interés: 

Sobre la autora:
Sobre la ilustradora:
Sobre la obra:
Otro título con valor de solidaridad en el que el personaje principal también es un oso:




Fonchito y la luna



Vargas Llosa, Mario (2010). Fonchito y la luna. Madrid: Santillana Ediciones Generales, S. L. col. Mi primer, [48  pp.],  (ISBN: 978-84-2040-589-6).


Descripción del formato y contenido de la obra: álbum narrativo ilustrado, encuadernación de cartoné y hojas consistentes. El tamaño y el material con el que está hecho este libro permite a los niños manejarlo de forma sencilla.
La portada de este libro muestra en primer plano a Fonchito, un niño con el pelo rizo y rubio, la piel blanca y las mejillas sonrojadas que se encuentra mirando fijamente hacia la luna llena. Al fondo también se pueden ver varias estrellas que, junto con la luna, iluminan la noche. También aparece, tanto en la parte superior como inferior de la cubierta y la contracubierta, los datos más relevantes del libro como son el nombre del autor, de la ilustradora, la editorial, la colección y por último el título.
Este libro nos cuenta la historia del primer amor de Fonchito y cómo es capaz de cumplir el deseo de Nereida de bajarle la luna para poder darle un beso. Su lectura es muy sencilla, debido a que el texto es breve y el tamaño de la letra es bastante grande, además, no siempre se encuentra ubicado en el mismo sitio.
Las ilustraciones son simples pero muy coloridas y van describiendo visualmente lo que está pasando en la historia de modo que nos ayude a entenderla mejor.

Potencialidades educativas: Con este libro podemos trabajar valores muy importantes como la amistad, el respeto y el cariño. Además, podemos tratar otros temas como son las emociones y los sentimientos, centrándonos sobre todo en el amor que es el tema principal de la historia.

Por otra parte, también podemos enseñar a los niños que con esfuerzo se puede lograr todo y podemos trabajar la confianza en uno mismo y potenciar la imaginación.  

Recursos didácticos de interés y estudios sobre la obra:

Videocuento: 


¿Por qué tengo dos papás?

 



Nosti, Lucía (2016) ¿Por qué tengo dos papás?. Ilustr. Cristina Castro. Madrid: CHIADO [ 60 pp ]. (ISBN: 978-989-51-6967-2)


Descripción del formato y del contenido: álbum ilustrado de tapa dura. En la cubierta aparece el título de la obra que hace referencia a una pregunta, ésto hace que ya nos de un adelanto de lo que nos puede contar en la obra, darnos la respuesta a esa pregunta formulada. También aparece el protagonista de la historia, un niño con gafas con un jersey naranja y pantalones azules. Encima del niño, entre el título y el protagonista, aparecen dibujados dos símbolos iguales, que aluden al sexo masculino, entrelazados entre si. Los colores utilizados en la cubierta son el blanco y azul mezclado con violeta, son colores cálidos sin que llamen mucho la atención para que toda la atención se fije en el título y el protagonista dibujado. La contra cubierta es blanca en su mayor totalidad, aun que aparecen machas tintadas de los mismos colores azules y morados que aparecen el la cubierta, así deja también un máximo protagonismo al breve resumen de cinco líneas que aparece de la misma obra.
Las ilustraciones empleadas en el álbum son de colores fuertes y vivos donde los dibujos de los personajes que aparecen se ajustan y combinan con los fondos coloridos elegidos para cada página. Las imágenes están representadas como si fueran unos dibujos animados para dar más familiaridad con este tipo de técnica a los más pequeños y pequeñas lectoras. Se combinan páginas donde la página par y la impar comparten la misma imagen y texto, pero también en ocasiones, la página par tiene distinta ilustración y texto que la página impar aun que siempre guardan relación entre si. El texto es abundante, contiene frases largas y cortas, con un tamaño de letra no muy grande sin llamar mucho la atención para dejarle el mayor protagonismo a las ilustraciones. Toda la obra tiene coherencia con las imágenes, ofreciendo al lector una información visual divertida.
David es un amante de la naturaleza igual que lo es su amigo Álvaro. David vive con sus dos papás y son los tres muy felices, van a ver el fútbol juntos y a comer a casa de la abuela Marta o a visitar a su tía Paula. Por la semana, David no tiene mucho tiempo de estar con la familia porque tiene que ir al cole, un día en clase de inglés con la profesora Lynsey hablaron de las familias y Mar, una amiga, le preguntó a David porque tenía dos papás. La profesora aprovechó esa pregunta para trabajar con los alumnos y alumnas los distintos tipos de familia que tenían cada uno de ellos y ellas: Iker vivía con su papá, mamá y su hermana pequeña, María que vivía con su tía y su abuela. Todos los niños y niñas de la clase hicieron su árbol genealógico propio y pudieron comprobar que cada familia tiene unos componentes distintos pero que todos los miembros que integren cada familia se quieren mucho y son felices. El final de la obra termina con una nota en grande, con letras grandes donde se puede leer: “ Soy un niño muy feliz, y no cambiaría mis papás por nada del mundo”.

Potencialidades educativas: Esta obra es un herramienta muy útil para poder trabajar con los más pequeños y pequeñas la diversidad familiar. Normalizar los distintos tipos de familia que existen hoy en día, fomentando la asertividad entre los más pequeños y `pequeñas. Enseña, desde el respeto que cada familia tiene distintos miembros y que todas son felices y se quieren mucho sin que importe quienes sean los integrantes del núcleo familiar.