luns, 2 de abril de 2018

Tú y yo. El cuento más bonito del mundo.



Roca, Elisenda (2015), Tú y yo. El cuento más bonito del mundo. Ilust. Raúl Nieto Guridi. Tradc. Bravo de La Varga. Barcelona: Cómbel, col. S/E. [39pp.], (IBS:978-84-9101-038-8).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado, de forma rectangular (29,5x23,5cm) e de pouco volume. Consta dunha cuberta e  contracuberta de tapa grosa.
Na cuberta móstrasenos o debuxo dun neno formando parte dunha das palabras do título “yo” que aparece sinalando a un círculo onde está escrito “tú”. Isto indícanos que aínda que o título o formen máis palabras estas son as máis importantes e por iso teñen un maior tamaño da letra para chamar a atención. Na contracuberta preséntase un texto no que se  dá unha explicación ao redor do subtítulo  deste conto, ademias da imaxe dun berce e as palabras “yo” e “tú” tachadas e  reescritas como “Tú y yo” dando a entender que o protagonista (Yo) xa é o irmán maior. As gardas conteñen os debuxos dunha chea de marcos de fotografías baleiros.
As páxinas do interior son grosas e de textura suave. As imaxes son simples, mesmo algunhas parecen debuxadas por nenos e nenas e con contraste de cores. O texto é de carácter poético con versos curtos e sinxelos.
O protagonista, o irmán maior, é o narrador da historia e dirixese ao pequeno contándolle dunha forma moi alegre desde que recibe a noticia da súa chegada ata o momento no que o bebé é o centro de atención e el, a consecuencia disto, sente tristeza e angustia. Pero o seu papá explícalle e axúdalle a sentirse mellor.

Potencialidades educativas: é un álbum perfecto para descubrir que ter irmáns pequenos pode chegar a ser moi divertido. No que se describen con tenrura e humor as dúbidas, sentimentos e emoción da chegada dun bebé a casa, axudando aos irmáns maiores a descifrar que é o que senten e o bo que é expresárllelo aos seus pais… Ademais, nas gardas aparecen imaxes de marcos de cadros baleiros, onde os nenos e nenas poden debuxar a toda a súa familia incluíndo o rostro do futuro bebé deixando voar a súa imaxinación.


1 comentario:

  1. Déixoche aquí un libro que pode ser de interese, relacionado co teu tema, xa que trata dun neno que vai ter unha irmá, que ao principio non aceptaba pero acabou sendo a súa cómplice de aventuras. Un problema grande de Oli.

    ResponderEliminar