mércores, 11 de abril de 2018

Teño dúas casas

Justo, Cristina e Rodríguez, Paloma (2013). Teño dúas casas. Ilustr. Trobec, Spela. Ferrol: Embora, col. A igualdade conta  [32 pp.]. (ISBN: 978-84-92644-51-3).

Descrición do contido e formato: conto ilustrado de tapa dura cunhas dimensións de 22x22 cm. Na cuberta mostra o título da obra en letras maiúsculas e negras, e abaixo aparece unha nena con dúas casas, unha no lado dereito da nena, que é da nai, e a outra no lado esquerdo da nena, que é a do pai. Tamén mostra os dous nomes das autoras e o da ilustradora. Na contracuberta aparece un breve resumo do conto, ademais dun círculo colorido e encima del está a nena caminando, xa que nos di que o seu irmán e ela son o centro do mundo para os seus pais e sempre van a estar para os seus fillos, e que cada familia é un mundo, coma a lúa xirando arredor da terra. Na portada repítese de novo o título do conto e os nomes das autoras e da ilustradora, e tamén o mesmo debuxo da cuberta sobre a protagonista. As ilustracións son animadas, predominan os cores vivos e claros, gardan relación coa realidade rompendo certos estereotipos e convencións sociais desde unha visión imaxinativa e coherente; vivencias cotiás dos fillos de parellas separadas. A técnica empregada é a pintura aplicada cunhas pinceladas nalgunhas páxinas, e noutras utilizando o pintado con lapis de cores como se debuxara un neno. O texto é escrito en diferentes cores e moi claros, e a linguaxe é fácil de comprender pero á vez é completa, polo que ofrece moita información e o narrador que domina é a protagonista.
A historia trata sobre unha nena chamada Ada de cinco anos. Gústalle ir ao cole e conta desde unha perspectiva feliz de que ten dúas casas, xa que os seus pais xa non son noivos e viven separados. Polo que ten a súa casa de todos os días e a súa casa de estar con papá. As dúas casas son moi bonitas e pode facer moitas cousas como xogar ou pintar nas paredes.

Potencialidades educativas: con este conto podemos traballar na aula infantil a diversidade familiar, neste caso, sobre pais separados, ensinándolles o bonito que é ter dúas casas e abordar o tema desde unha perspectiva máis humorística e feliz. Tamén podemos explicar aos nenos que a pesar de que os seus pais xa non son noivos quérense moito e sempre van a estar para os seus fillos. Ademais, cada familia é un mundo e todas son moi bonitas.

Recursos de interese:
Ramón Nicolás (2013). “Teño dúas casas”. En Caderno da crítica          

Campos, Miriam (2013). “Teño dúas casas”. En Libros familias recursos
http://paraprofesypadres.blogspot.com.es/2013/12/10-cuentos-sobre-familias-diferentes.html (Consultado: 21/03/2018).    

1 comentario:

  1. Moi bo traballo Noelia!!
    Paréceme unha obre moi interesante no caso de que na aula teñamos algún neno ou nena de pais separados posto que é un tema de moita actualidade. Por se queres engadir ao teu punto de recursos de interese, podes encontrar no seguinte enlace o informe de literatura da túa obra no ano 2013: http://www.cirp.gal/rec2/informes/upload/ver/inf2013/Informe_Literatura_2013.pdf

    ResponderEliminar