luns, 30 de abril de 2018

O CARBALLO CON BOTAS

Moure, Anxo (2012), O carballo con botas, ilust. Cristina Ouro, Coruña:
Sotelo Blanco EdiciónsS.L.,col. Contos para construír un  mundo mellor.
Contos solidarios (de 3 a 6 anos), [24pp.]. (ISBN:978-84-7824-625-0)

Breve descrición do formato e contido da obra: Volume de tamaño
rectangular cunha encadernación rústica. As letras son variadas,
ocupan plenamente as páxinas e vese a natureza nelas. Comeza cunha
ampla e viva imaxe dunha árbore e dende a páxina tres á dezaseis vai
alternando dúas páxinas de texto e dúas de imaxe. A partires da dezasete
as ilustracións ocupan practicamente toda a páxina, facéndose moi
significativas, e o texto redúcese. Remata coa mesma ilustración da cuberta.
As cores pretenden ser unha redundancia da mensaxe do texto. Na contracuberta
destacan o sol, un ceo azul e o verde da herba e unha frase:
“Os libros plantabosques”. Fálase de bós hábitos para coidar o medioambiente
e saen nomes de diferentes árbores galegas. Ademais presenta o coñecemento
do cambio das estacións.

Potencialidades educativas: Como se indica na parte interior, na cuberta
amosase o obxectivo principal da obra "hai que educar no amor as árbores”
(Xesús Golmar). É unha historia que invita a reflexionar sobre o coidado
do medioambiente con sabios consellos, como manter os bosques limpos
de lixo, reciclar ou evitar os incendios forestais.  Dá a coñecer unha ampla
familia de árbores galegas. Presenta dunha maneira fluída o cambio das
estacións.

Recursos didácticos de interese e estudos sobre a obra: Anxo Moure,
autor da obra, vai de escola en escola relatando a historia a grandes e
pequenos. Outras persoas que tomaron o seu exemplo, para difundir a
mensaxe, decidiron facer o mesmo, como se mostra nos seguintes vídeos:
https://youtu.be/cmQ5PizHB6I, https://youtu.be/kyvay085_JY ,
https://youtu.be/HhsgdV-pXgQ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario