martes, 20 de marzo de 2018

Cocorico



Resultado de imagen de cocorico
Núñez, Marisa (2006). Cocorico. Ilust: Helga Bansch. Pontevedra: OQO Editora  [+3anos], [36 pp.]. (ISBN: 84-96573-23-0).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de  tapa dura e de forma cadrada. Cocorico é unha adaptación libre dun cuento tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que es cumprir as promesas y da dificultade que supón aprender a compartir.
A cuberta é moi chamativa, de cor vermella e no medio aparece o protagonista, Cocorico, en cor amarela, á dereita a súa nai e á esquerda o rabo do Gato Pelado, os tres protagonistas da historia. Na contracuberta aparece a continuación do rabo do gato pelado. Polo que se abrimos o libro enseñando ambas partes vese unha relación clara. As ilustracións do libro son coloridas e as imaxes reais pois correspóndense coa realidade. As gardas do libro son moi significativas xa que o que amosan é o nacemento do pitiño (neste caso de Cocorico), onde se vai vendo o ovo, logo como pouco a pouco vai escachando ata que por fin rompe e nace o pito. A obra trata sobre un pitiño que vive coa súa nai. Un día a nai vai facer un biscoito e Cocorico vai a buscar a leña. Polo camiño atópase co Gato Pelado que o quere comer, pero Cocorico moi astuto dille que lle dará a metade do biscoito. Pero o poliño cómeo enteiro e cando chega o Gato xa non hai biscoito e quéreos comer. A nai e o poliño escóndense nunha ola e cun espirro Cocorico rompea o Gato Pelado sae correndo.
Potencialidades: a lectura deste álbum axuda a reflexionar sobre a importancia de  cumprir as promesas, de escoitar os consellos dos adultos e de integrar valores como a solidariedade e a capacidade de compartir. A linguaxe sinxela favorece a comprensión dos máis novos. Obsérvanse xogos tipográficos, como os diálogos que aparecen en negriña ou o  uso de onomatopeas,  marcadas en maiúsculas, que propician a participación dos máis novos e a identificación dos sons asociados aos animais.

Recursos:
·         Canción: https://www.youtube.com/watch?v=8hb6ltrJx_M
·         Cantos en contos, de Almudena Janeiro, no que se versiona este conto nunha canción.
Janeiro, Almudena (2016). Cantos en contos. Ilust. Borja Guerrero. Pontevedra: OQO, col. O, [36 pp]. (ISBN: 9788498715354).

1 comentario:

  1. Ola! Aquí che deixo otros recursos en liña que atopei sobre a túa elección:

    Reseña da historia feita polo CEIP Coirón-Dena: https://www.youtube.com/watch?v=6DUcBMl-114 (consultado o 9 de febreiro de 2018).

    Filme da historia de Cocorico feito por OQO Editora: https://www.youtube.com/watch?v=6ghNf6AY4bw (consultado o 9 de febreiro de 2018).

    Un saúdo.

    ResponderEliminar